segunda-feira, junho 13, 2005

>>>>>>>>[ DI NON ]<<<<<<<<<

Eu digo non........
Ti dis
non.................
El di
non.......................
Ela di
non...........................
Nós dicimos
non......................
Vós dicides
non............................
Eles din
non........................................
Elas din
non..............................................
Todos dicimos
non........................................ a Fraga


REZA POLO CAMBIO



segunda-feira, junho 06, 2005

Toques - alcalde - violación - silencio.....

ola.
Bueno pois hoxe toca un tema tan serio como son as violacións, de todo tipo, pero as de máis actualidade son as violacións a mulleres.
Neste caso trátase do alcalde do pobo de Toques que realizou unha violación a unha nena menor de idade, que era filla dun amigo seu. A pena que se lle puxo a esta persoa só foi unha multa económica no canto de unha pena penitenciaria como reflexa a lei para este tipo de delictos.
Esta noticia tivo moito fama os dias seguintes a declaracion de Fraga xa que se pronunciou dunha maneira un tanto peculiar(bueno dende o seu ....... punto de vista).

Esto sucedeu en xaneiro de 2004 pero ponse de actualidade debido ó aumento das violacións en España.Nos seus dias tivo unha gran repercusión social, chegando a noticia a portais de internet cataláns e tamén en manifestacións en Compostela.
Eu estou nunha postura de total repulsa a este tipo de actos, que se quedan pasados varios meses e que deberían tomarse con máis seriedade. Tamén destacar a distinción da xustiza debido a ser unha persoa de alto poder e de dereitas.

Esta e máis información pódese atopar en paxinas como: vieiros, areanegra,etc.

VIOLENCIA NON

quinta-feira, maio 12, 2005

Toca humor

Bueno pois déixovos aquí unhos debuxos da sección de humor da páxina web da Mesa pola Normalización Lingüística. Haber se sodes capaces de entendelos porque a vosa capacidade non e de sobresainte penso eu.

Veña se queredes + visitade www.amesanl.org e votádelle un vistazo que vale a pena.









segunda-feira, maio 09, 2005

Lorenzo Varela

Déixovos aquí á man un poema de Lorenzo Varela para que leades con moita ansia que e un dos mellores do poemario que ten, segundo o meu gusto. Un saúdo e que disfrutedes del.

María Pita
II
María das batallas,
dareiche un reiseñor por cada bala,
i unha estreliña nova
no berce d'unha dorna,
núa, espida, graciosa:
Varona dos meus ollos, unha estrela
que ti ganache, poderosa e leda.

quinta-feira, abril 28, 2005

Bueno vamos a...........ser ricos¿?

Pois eso q este fin de semana hay futbol e como non ia ser menos, alá no fondo, pero no fondo èh! da clase Borxiña trouxo as quinielas da sorte q todos as semanas cubrimos, e q ninguha semana toca nada :D
Bueno tampouco e asi xk o finde pasado toucme a min exactamente exacto 9.44€ q bueno pa unhos chismes ainda da jejeje haber esta semana si somos os agraciados q nos toca, somos ricos, temos pasta, sobornamos a Séchu, Araceli, e todos por asi pillamonos o graduado e algunha q outra carreira por ai como inxeñeria de camiños, dereiro...bèh cousas sinxelas e despois nada a rañala toda a vida xa q somos ricos.

Bueno puxen esto aki pa q quede constancia da miña propiedad de bruxiño, q lle fago competencia a bruxa LOLA e como di borxa que vou a ter polo menos 12 acertos.
Bueno vos xogade a quiniela, e eu digovos q si poñedes 1 x 2 seguro q acertades.

Ó quinteto, o luns vaille sair a pasta polas orellas!!!

quarta-feira, abril 27, 2005

Manifesto do correlingua

Pon un bico na linguao teu bico no bicarelo do bico da linguae, sempre, con ela, bica.Mil primaveras máis para o galegobicos 1000 na miña, túa,súa, nosa lingua.Do teu -yo- ao meu -eu-que estoure un bico e que Galiza esperte.
Que esperte de Fonmiñá a Cabo Vilán.

Óiase, á fin,o bocexo da Galiza subversiva petrificada de séculos.

Os rumorosos non din nada de nada mais si temos castiñeiros de mil anos que resisten e especies foráneas achantadas na terra que rosman en galego e reclaman futuro

.Levantemos como estandarte a bandeira da imaxinación na que collemos todos/as,os/as que non naceron e os/as que están,os/as que han de vir e os/as que tiveron que marchartodos, desde aquí, acollidos, no mundo,desde aquí, en galego, no mundo.

Desde aquí, mentres oímos de lonxe o ruído da choiva e bailamos hip-hop na pista dun pub,mentres calamos cun amable descoñecido que encaixa no noso soño,mentres miramos como o camareiro lle serve unha copa á rapaza máis ghuai...quizais siga chovendo.Desde aquí, mentres respiramos esta música,agora pesada e monótona,mentres do curruncho máis escuroa fermosura desa parella nos reclama,mentres atrapamos un chisco de ollo previamente imaxinado,e xa somos paspáns namorados...quizais non cese de chover.Desde aquí, mentres fisgamos no bolso da amiga,mentres ensaiamos a retardada fuga, mentres nos queiman cun cigarro e só podemos ver a lúa sen as estrelas,quizais non pare xamais de chover.

Porque oídeo, nós somos:Unha prole de lucecús que alumean os buracos negros de Galiza.Un exército de corazóns preñados de utopía que freará a colonización da escuridade.Choiva maina que rega a nosa cultura milenaria.Humus patrio que garante a súa fertilidade.Elixir que todo o cura.Un si agudo no inestable pentagrama que esnaquizará espellismos.Lóstrego súbito que fará borralla da pel de cacique.Porque con respecto aos pesimistas nós somos optimistas,e, aínda que non venda.

Comprendemos que quizais para atraer a turistas sexa preciso falar
Pero nós preferimos as cousas núas,sentar á mesa ós nosos mitos,e despois, entre nós, leriar:pode que Murguía fose mullerengo,que Rosalía soñase coa sombra de Aguirre,que Otero aprobase todos os alumnos,E Pondal... Pondal quizais non casase por manter a pensión.E con respecto aos novos,preferimos o silencio xusto dalgúns/unhasque a cantarela doutros.

Así pois, luza ou non o Sol,sabédeo, seguiremos adiante. na palabra inarticulada dos proscritos da linguaxeno trémulo beixo da condición de amantena ollada terrosa da nai sen froitono arrecendo da uz e do xurelo no andén da estación e no cumio do outeirona fonte da praza e na corredoira das vacasno visible do invisible e no invisible máis visibleque esquiva a nosa,vosa descuberta porque o galego é a voz das palabras que nos silencian Cómprenos a lingua para sermos luz nesta EUROPA caduca.

Que aniñe a nosa verdade no ventoe paira no Parlamento.

segunda-feira, abril 25, 2005

Crisis total en mates

pois eso!! que vai ser q as matematicas non son o meu jejeje, nin o meu nin o do 95% da clase xa que o resultado do último exame foi totalmente denigrante e frustrante na miña opinion para un profesor. xk que aproben 4 de 23 personas... pois bueno o tema da q pensar.

A conclusion de mariño:
  1. Non prestades a suficiente atención na clase
  2. Non facedes os deberes a metade dos dias
  3. Estudiades o dia anterior ao exame
e eu pregúntome unha cousa...
  1. Mariño pon os exámenes moi chungos¿?¿?¿?
  2. Non estudiamos nada e a culpa e nosa¿?¿?¿?
Bueno eu penso unha solución a corto, medio plazo e a siguiente:

El rincón del vago.com